Saturday 04 de May de 2024

O VI Certame de Relatos ‘Xosé Neira Vilas’ xa ten os seus gañadoras e gañadores


 

A entrega de premios terá lugar o vindeiro 16 de maio ás 12.00 horas no CPIP Antonio Orza Couto

O xurado do VI Certame de Relatos Xosé Neira Vilas vén de facer público o seu ditame. Composto por Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas; o profesor de Lingua a Literatura Galega do CPIP Antonio Orza Couto, Francisco Alexandre Pérez Rodríguez, e a bibliotecaria e arquiveira municipal, Beatriz Díaz Míguez, o xurado tivo en conta na súa valoración “a calidade formal, a creatividade a presentación” dos 123 traballos que participaron neste certame.

Logo de realizar a lectura de todos eles decidiron, por unanimidade outorgar os seguintes premios:

a) Primeira categoría (3º e 4º de Educación Primaria)

• 1º Premio: O conto dos contos, de María Puente Iglesias
• 2º Premio: As aventuras de Álvaro, de Álex Valdés Millán
• 3º Premio: A viaxe soñada, de Simón Rouco González

b) Segunda categoría (5º e 6º de Educación Primaria)

• 1º Premio: Non me arrepinto, de Arianne Ponte Regos
• 2º Premio: A porta máxica, de Andrea Torres Aldrey
• 3º Premio: O salón segredo de Neira Vilas, de Iria Rial Fontela

c) Terceira categoría (Educación Secundaria)

• 1º Premio: adeus, area, de María Crespo Cutrín
• 2º Premio: A carta, de Carlota Romay Soutullo
• 3º Premio: Por 100 pesetas, de Rubén Ferreiro Rendo

A entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 16 de maio ás 12.00 horas no salón de actos do CPIP Antonio Orza Couto do Forte. A actividade encádrase dentro da programación co gaio do Día das Letras Galegas desenvolvida polo Concello de Boqueixón.